Seguindo coas actividades do proxecto “Vixías dos nosos ríos” o próximo sábado faremos unha ruta polo río Mandeo entre os concellos de Coirós e Paderne. Nesta ocasión a camiñata será de dificultade media e cun percorrido superior aos 5 km. Durante a ruta mediremos a calidade do bosque de ribeira, detectaremos cales son as principais ameazas para a súa conservación e recolleremos os residuos que atopemos.

O río Mandeo mantén unha destacada poboación de peixes, incluíndo o salmón, e de outras especies excepcionais coma o mexillón de río. Os seus valores naturais outorgaronlle figuras de protección como Zona Especial de Conservación (ZEC) Betanzos – Mandeo, e ademais é zona núcleo da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Para a súa preservación é esencial o traballo de custodia que fan entidades como a Fundación Fragas do Mandeo, quen leva a cabo numerosas tarefas de erradicación de flora exótica invasora e retirada e lixo, e a quen coñeceremos de primeira man ao comezo da actividade.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o sábado 21 de setembro do 2024, de 10:00h a 14:30h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Esta ruta encádrase no programa de actividades de “Vixías dos nosos ríos, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.

Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org639 131 688

Agardámoste!