As especies exóticas invasoras son unha das principais ameazas para a biodiversidade costeira. Entre elas, destaca o Carpobrotus sp., tamén coñecido como uña de gato, unha planta orixinaria de Sudáfrica que foi introducida como ornamental e para fixar areais, pero que hoxe en día se espalla rapidamente, formando tapizados densos que desprazan a vexetación autóctona e alteran o equilibrio natural das dunas.

Para reducir a presenza desta especie na contorna do Areal de Alba (Sabón, Arteixo), convocamos unha xornada de voluntariado de retirada de Carpobrotus sp. o sábado 8 de agosto de 2026, de 18:00 a 20:30 h. Así contribuiremos á recuperación do hábitat dunar e á conservación do noso litoral.

A participación é de balde e aberta a todos os públicos, previa reserva de praza (inscrición) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade, e contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada.

Esta actividade forma parte do proxecto “Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP GA Sur 2025”, co que GN Hábitat promove a conservación e posta en valor do litoral a través de accións de seguimento ambiental, recuperación de espazos costeiros e actividades de divulgación e sensibilización cidadá. Conta co financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMPA), e pola Xunta de Galicia. 

Dúbidas e comentarios en mares@gnhabitat.org981 135 014

Entre tod@s, melloraremos o planeta!