Este sábado, 7 de novembro do 2026, participaremos no “Encontro de persoas voluntarias. Contribuír para transformar: o valor do voluntariado”, organizado pola Federación galega de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (FADEMGA), e centrado no autocoidado e no acompañamento. 

O evento, que se celebrará no espazo Eisenman da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), áchase como unha oportunidade para dar voz ás persoas voluntarias e ás entidades que xestionan redes de voluntariado, compartir experiencias e recoñecer o valor do seu labor. 

Dende a experiencia do G.N.Hábitat, e agradecendo o convite da organización, aproveitaremos para conversar sobre voluntariado e as iniciativas que levamos a cabo para o fomento desta figura tan esencial a prol da conservación ambiental, prestando especial atención aos esforzos que dende fai anos Hábitat ven investindo para avanzar na procura dunha #naturezainclusiva, o que nos leva a organizar acotío multitude de accións atendendo a usuarios, achegados (respiro familiar) e organizacións que traballan con persoas con dispacidade, colectivos en situación de vulnerabilidade ou en risco de exclusión, e pola diversidade funcional, promovendo a integración e a participación activa en materia de coñecemento, divulgación e conservación do patrimonio natural. Unha aposta da entidade materializada no noso programa BioDiversidade. 

A xornada está aberta á asistencia de público. Visita a web de FADEMGA para acceder  a toda a información, así como ao programa completo da xornada. Lembra que se desexas asistir será preciso que cubras o formulario de inscrición habilitado dende da organización.