O Golfo Ártabro é un espazo de gran riqueza natural e paisaxística, onde se combinan fondos mariños cheos de vida coa fauna e flora que non vive submerxida pero si que depende dos mares. Coñecer estes valores é o primeiro paso para protexelos.

Nesta xornada divulgativa descubriremos os segredos oceanográficos e a biodiversidade do noso mar a bordo dun velero. Partiremos desde Sada o domingo, 9 de agosto, de 10:30 a 14:00 h, para observar aves e, con algo de sorte, tamén golfiños ou outras especies mariñas que habitan o Golfo Ártabro. 

A participación é de balde e aberta a todos os públicos, previa reserva de praza (inscrición) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade, e contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada.

Esta actividade forma parte do proxecto “Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP GA Sur 2025”, co que GN Hábitat promove a conservación e posta en valor do litoral a través de accións de seguimento ambiental, recuperación de espazos costeiros e actividades de divulgación e sensibilización cidadá. Conta co financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMPA), e pola Xunta de Galicia. 

Dúbidas e comentarios en mares@gnhabitat.org981 135 014