O vindeiro mércores, 5 de agosto de 2026, de 10:30 a 13:30 h, achegarémonos a San Antón de Dexo, en Oleiros, para descubrir os polinizadores que habitan neste valioso enclave costeiro.
Durante a actividade observaremos e coñeceremos algúns dos insectos que visitan as flores e que desempeñan un papel fundamental no funcionamento dos ecosistemas. Bolboretas, abellas, abellóns, sírfidos e moitos outros pequenos invertebrados contribúen á reprodución das plantas e ao mantemento da biodiversidade, aínda que moitas veces pasan desapercibidos.
Ademais, aproveitaremos a xornada para recoller información sobre os polinizadores presentes na zona e contribuír, pouco a pouco, a ampliar o catálogo de biodiversidade da costa de Dexo.
A actividade desenvolverase en colaboración coa Asociación de Veciños de San Antón de Dexo e será unha oportunidade para coñecer mellor a riqueza natural deste espazo e a importancia de conservar os seus hábitats.
Actividade aberta e gratuíta. As prazas son limitadas. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
Anímate a vivir unha noite chea de descubrimentos!
Dúbidas e comentarios en: inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
avv.sananton@gmail.com │ 677463493

Leave A Comment