A contorna do Areal de Alba (Sabón, Arteixo) atópase ameazado pola presenza de diversas especies de plantas exóticas invasoras, que ocupan o espazo e desprazan á flora local, entre outros problemas. Por iso, o martes 11/08/2026 ás 10:30 h imos levar a cabo a retirada manual dunha delas: a uña de gato ou Carpobrotus sp., para contribuir á recuperación do hábitat dunar e á conservación do noso litoral. Nesta ocasión, contaremos coa axuda da rapazada do Campamento DG, de Oleiros, que ademais de botar unha man na mellora ambiental deste espazo, poderán afondar na biodiversidade que o habita.
Esta actividade forma parte do proxecto “Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP GA Sur 2025”, co que GN Hábitat promove a conservación e posta en valor do litoral a través de accións de seguimento ambiental, recuperación de espazos costeiros e actividades de divulgación e sensibilización cidadá. Conta co financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMPA), e pola Xunta de Galicia.
Entre tod@s, melloraremos o planeta!

Leave A Comment