Proseguimos no G.N. Hábitat coa xeira de conferencias “Viaxes Naturalistas”, desta volta coa doutora en bioloxía Lucía Latorre Piñeiro, quen nos falará da súa experiencia naturalista no arquipélago das Seychelles, no Océano Índico.

Esta actividade conta co apoio de BirdWild Tours: Birding & Wildlife Experiences, empresa especializada en viaxes ornitolóxicos e naturalistas personalizadas en Sierra Morena, Doñana, Extremadura e outros destinos interesantes da Península Ibérica, así como de González Almacén Fotográfico, distribuidores de material fotográfico desde 1997.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro xoves, 24 de setembro do 2026, ás 20h no local social do G. N. Hábitat. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!