As Fragas do Eume constitúen unha das mellores representacións dos bosques atlánticos de Galicia, ecosistemas de enorme valor ecolóxico que, por desgraza, son cada vez máis escasos. Coñecer estes bosques é o primeiro paso para valoralos e contribuír á súa conservación.
E que mellor maneira de descubrilos que da man de Alberto López Teixido, doutor en Bioloxía e profesor da Unidade Docente de Botánica da Universidade Complutense de Madrid. Especialista en bioloxía da conservación e apaixonado polos bosques húmidos temperados, foi precisamente nas Fragas do Eume onde iniciou a súa traxectoria científica estudando os fentos, un vínculo que mantén desde a infancia..
A actividade forma parte do proxecto Fragas Perdidas, unha iniciativa do Grupo Naturalista Hábitat que busca localizar, estudar e divulgar os bosques autóctonos galegos mellor conservados para promover o seu coñecemento e conservación.
A xornada, aberta ao público, terá lugar o luns 10 de agosto, de 10:00 a 14:00 h, e consistirá nun paseo duns 7 quilómetros pola ruta de Ventureira (A Capela / Monfero) seguindo a beira do río Eume por algúns dos recunchos mellor conservados do Parque Natural. Ao longo da mañá descubriremos a flora característica das fragas e dos bosques de ribeira, así como outros elementos de interese natural deste espazo único. Unha oportunidade única para coñecer mellor este excepcional bosque atlántico da man dun especialista de referencia.
A participación ten unha pequena cota de inscrición que se destinará integramente ao financiamento das accións de Custodia do Territorio e á Defensa Ambiental desenvolvidas polo Grupo Naturalista Hábitat a través do Proxecto Vixías. Con esta achega contribuirás directamente á protección dos espazos naturais e da biodiversidade galega.
- Socios/as do G.N. Hábitat:
- Menores de 18 anos: 5 €
- Maiores de 18 anos: 8 €
- Non socios/as do G.N. Hábitat:
- Menores de 18 anos: 8 €
- Maiores de 18 anos: 10 €
Para participar é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición ata completar o máximo de participación. Cubrir o formulario non implica a reserva automática da praza. Esta considerarase confirmada unha vez recibas un correo electrónico do G.N. Hábitat.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment