O pasado sábado 28 de maio de 2016 celebrouse a III Maratón Ornitolóxica Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, organizada polo Grupo Naturalista Hábitat e a Reserva da Biosfera MCeTM, xunto con multitude de entidades colaboradoras.
Esta actividade lúdica consistiu en identificar por equipos o maior número posible de especies de aves silvestres dentro de cada un dos municipios da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” e A Coruña, durante 18 horas.
En total participaron 14 equipos noutros tantos concellos diferentes, cun total de 36 observadores. O equipo gañador foi o do concello de Sobrado dos Monxes, composto por José Barallobre Veiga e Javi F. Lodeiro como cabeza de equipo cun total de 63 especies avistadas e 80 puntos en total.
Os resultados finais foron moi notables, con 112 especies de aves vistas en total, só dúas menos que o ano anterior pese o mal tempo que reinou na meirande parte da xornada. Os concellos con maior número de especies vistas foron Sobrado e Aranga con un empate a 63 especies. Aranga acadou o segundo posto na clasificación con 74 puntos, seguido de Betanzos con 61 especies e 69 puntos.
Este é un resumo das cifras por concellos:
| Concello | Nº Especies | Puntuación |
|---|---|---|
| Sobrado dos Monxes | 63 | 80 |
| Aranga | 63 | 74 |
| Betanzos | 61 | 69 |
| Miño | 57 | 67 |
| Arteixo | 56 | 62 |
| Bergondo | 45 | 49 |
| Abegondo | 44 | 47 |
| Culleredo | 43 | 47 |
| Oleiros | 39 | 42 |
| Sada | 38 | 42 |
| A Coruña | 34 | 40 |
| Cambre | 39 | 39 |
| Irixoa | 38 | 39 |
| Paderne | 35 | 37 |
| Total especies | 112 |
Consulta aquí a lista completa de observacións por especie e concello.




Leave A Comment