Que vas facer o próximo sábado 28 de maio? A nosa proposta inclúe aire libre, fermosas paisaxes, boa compaña e aves. Moitas aves. Cantas máis, mellor! Anímate e participa na III Maratón Ornitolóxica da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Non precisas ter coñecementos previos, só ganas de saír ao campo e gozar. Agardámoste!

Consulta aquí as bases e inscríbete!

 

Galería de fotos de anteriores edicións (clic para ampliar as imaxes):