O pasado domingo 12 de decembro celebramos novamente o CoruñAves: XII maratón ornitolóxica no Concello da Coruña que marca case o colofón ás actividades do grupo neste 2021. Como todos os anos resultou unha fermosa xornada en contacto coa natureza, na que poidemos disfrutar dunha maña soleada e con bo tempo, pero sobre todo grazas aos 31 participantes que compartiron connosco a súa paixón polas aves.

Divididos en 8 equipos, acadaronse un total de 70 especies de aves observadas, cifras similares a última edición, nas pouco máis de 3 horas de competición sen saír do concello da Coruña. Estas cifras refrendan de novo a riqueza ornitolóxica da nosa contorna, facendo desta actividade unha ledicia para expertos e afeizoados ás aves.

Achegamos a continuación o listado de especies detectadas na xornada polos diferentes equipos:

 

Dende Hábitat dámoslle a noraboa ao equipo gañador, e o noso máis sincero agradecemento a todos os participantes que viñeron connosco, por facer posible unha xornada tan apaixoante como fermosa… Agardámosvos na seguinte actividade!