Aínda nos duran as emocións dos obradoiros de interpretación de rastros e de elaboraciónde de pegadas de fauna que acabamos de rematar, e xa temos prevista unha nova xornada cos nenos e nenas de Latento (expertos en Altas Capacidades)! Continuando do marco da nosa iniciativa BioDiversidade, toca agora achegarse ao fermoso mundo das aves, das caixas niño e dos refuxios de fauna. Estes elementos, entendidos como estruturas elaboradas a prol da natureza, posibilitan un espazo de acubillo e cría para a fauna silvestre. Correctamente elaborados, instalados e mantidos, poden axudar a suplir a falla de refuxios naturais, posibilitar a posta en marcha de estudos científicos, ao tempo que permitir o establecemento de certas especies beneficiosas (fauna útil) nun espazo determinado, optimizando deste xeito a biodiversidade da contorna. 

Neste obradoiro procuraremos coñecer en detalle estes recursos e as súas características, poñendo en marcha unha iniciativa de ensamblaxe dalgúns dos modelos existentes.

Seguimos aprendendo!

#naturezainclusiva