O pasado domingo 15 de decembro celebramos novamente o CoruñAves: XI maratón ornitolóxica no Concello da Coruña que marca case o colofón ás actividades do grupo neste 2019. Como todos os anos resultou unha fermosa xornada en contacto coa natureza, na que a pesares da meteoroloxía, cunha maña un tanto inestable, non fixo que os 30 participantes compartiran connosco a paixón polas aves.

Divididos en 7 equipos, acadaronse un total de 71 especies de aves observadas, 10 máis que o ano anterior, nas pouco máis de 3 horas de competición sen saír do concello da Coruña. Estas cifras refrendan de novo a riqueza ornitolóxica da nosa contorna, facendo desta actividade unha ledicia para expertos e afeizoados ás aves.

Achegamos a continuación o listado de especies detectadas na xornada polos diferentes equipos:

Aves observadas no XI maratón ornitolóxico CoruñAves

 

Á listaxe anterior súmanse a subespecie Lavandeira enlutada –Motacilla alba yarrelli-.

Dende Hábitat dámoslle a noraboa ao equipo gañador, e o noso máis sincero agradecemento a todos os participantes que viñeron connosco, por facer posible unha xornada tan apaixoante como fermosa…

Agardámosvos na seguinte actividade!