CALENDARIO DE ACTIVIDADES 2019
- 5ª xornada: venres 6 de decembro, de 10 a 14h.
- Retirada de residuos e control de especies invasoras na praia de Alba (Arteixo).
- 4ª xornada: xoves 5 de decembro, de 11:30 a 14:30h. – Actividade realizada
- Retirada de residuos nas praias de Riazor e Orzán (A Coruña). Participa: Colexio Plurilingüe Compañía de María.
- 3ª xornada: martes 3 de decembro, de 10:30 a 13:30h. – Actividade realizada
- Retirada de especies invasoras na praia de Alba (Arteixo).
- 2ª xornada: domingo 24 de novembro, de 10:30 a 13:30h. – Actividade realizada
- Retirada de especies invasoras na praia de Alba (Arteixo).
- 1ª xornada: domingo 27 de outubro, de 10 a 14h. – Actividade realizada
- Retirada de especies invasoras na praia de Alba (Arteixo).
Para colaborar e asistir ás diferentes xornadas, inscríbete a través do seguinte formulario:
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!
OBXECTIVO E ACTIVIDADES
No presente ano 2019, e baixo o título “40 anos traballando a prol da natureza”, o G.N.Hábitat levará a cabo unha serie de accións medio ambientais repartidas por varios puntos da provincia de A Coruña, centradas en dous principais obxectivos: o control de especies exóticas invasoras e a retirada de residuos do medio natural, cun forte chamamento á sociedade a fin de promover a súa participación en accións de voluntariado ambiental. Deste xeito, Hábitat quere facer fincapé na necesidade da implicar activamente á cidadanía en iniciativas que supoñan unha mellora da contorna natural, incidindo sobre dúas problemáticas ambientais de forte impacto no noso medio.
A proposta suporá a realización de varias xornadas de traballo ao longo do ano. Todas as actividades serán de balde e abertas ao público, mais as prazas serán limitadas en cada xornada. Así mesmo será precisa a inscrición previa en cada actividade a través dos formularios online que sexan habilitados na web gnhabitat.org, segundo o avance do programa.
Todos os voluntarios participantes contarán cun seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil durante o desenvolvemento das actividades, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas. Así mesmo, Hábitat poñerá a disposición os recursos que sexan imprescindibles para desenvolver axeitadamente os traballos, e contará cun xestor autorizado encargado do tratamento dos restos que sexan retirados.
A proposta do G.N.Hábitat enmárcanse no “Programa de axudas para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o ano 2019”, promovido pola Deputación da Coruña.
Se estás interesado en participar activamente na conservación da natureza da túa contorna, esta é a túa oportunidade! Está atento ás convocatorias que iremos indicando no Calendario de Actividades.
Leave A Comment