O pasado domingo 02 de outubro celebramos a IX Maratón Ornitolóxica da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” que este ano formou parte das IV Xornadas sobre ornitoloxía da citada reserva . Esta actividade formativa e lúdica consistiu en identificar por equipos o maior número posible de especies de aves silvestres dentro dos municipios da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” agás Miño e Sobrado [Territorio Leader Mariñas-Betanzos], durante un máximo de 18 horas.
A meteoroloxía acompañou cunha xornada de sol e bo tempo aos 45 observadores que se animaron a descubrir a riqueza ornitolóxica da nosa contorna, nun total de 10 equipos participantes.
O equipo número 2, formado por Santiago Vázquez, Iria Lavanda, Williams, Michael Williams, Mar Barros e Diego Copena, non tivo rival e alzouse coa victoria cunha abraiante cifra de 96 especies avistadas e 126 puntos en total.
O equipo nº 10, cun total de 85 especies detectadas e 102 puntos, acadou o segundo posto na maratón.
Finalmente o equipo nº 3, con 69 especies detectadas e 80 puntos, quedou co terceiro posto na maratón.
Os resultados gloabis foron impresionantes, marcando un novo record de especies vistas nesta maratón chegando as 120 especies de aves detectadas en total. Cifras que fixeron que tanto monitores como asistentes, gozaran dunha xornada estupenda chea de bos momentos e moitas aves para a lembranza.
Este é o resumo das cifras por equipos:
| Equipo | Nº Especies | Puntuación |
|---|---|---|
| Equipo 02 | 96 | 126 |
| Equipo 10 | 85 | 102 |
| Equipo 03 | 69 | 80 |
| Equipo 08 | 67 | 75 |
| Equipo 07 | 66 | 72 |
| Equipo 06 | 59 | 59 |
| Equipo 09 | 56 | 59 |
| Equipo 05 | 57 | 57 |
| Equipo 01 | 44 | 47 |
| Total especies | 120 |
Consulta aquí a lista completa de observacións por especie e Equipo.
A nosa noraboa aos gañadores, e o noso máis sincero agradecemento a tódolos participantes polo seu esforzo, e por facer que cada ano siga a medrar a paixón polas aves da nosa contorna. Así mesmo, queremos dar as grazas ao concello de Paderne por cedernos as súas instalacións e á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo por seguir apostando un ano máis pola realización destas xornadas.
Vémonos na seguinte!!




Leave A Comment