Nestes últimos días varios compañeiros de Hábitat, da man de técnicos da Reserva da Biosfera, vimos de presentar en diversos centros escolares a iniciativa “Especie do ano 2015 na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo“, e que nesta ocasión está dirixida a procurar un mellor coñecemento da nosa Saramaganta (Chioglossa lusitanica).

Foron un total de 3 os centros que puidemos visitar: colexio A Grande Obra de Atocha (A Coruña), CPI Castro Baxoi (Miño) e o IES de Viós (Abegondo), con máis de 100 mozos participantes…unha moi boa experiencia para todos!!