Mañá martes, 14 de outubro, participaremos de novo no proxecto “Jóvenes para Jóvenes: educando en Derechos Humanos y Objetivos de Desarrollo Sostenible” organizado pola entidade Helsinki España – Dimensión Humana. Unha iniciativa coa que se pretende promover o cumprimento dos Dereitos Humanos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), contribuir á igualdade efectiva de xénero, fomentar a sustentabilidade ambiental e o consumo responsable, promover unha convivencia e unha educación libre de violencias, e contribuír á protección dos coletivos en risco de vulnerabilidade a través da sensibilización e fomento do voluntariado como un mecanismo de participación xuvenil.

Dende o G.N.Hábitat poñeremos o noso gran de area nesta iniciativa desenvolvendo a conferencia “Medioambiente y sostenibilidad: de la expectación a la acción voluntaria”, coa que procuraremos trasladar a perspectiva actual sobre a situación do noso patrimonio natural, así como a relevancia da figura do voluntariado ambiental na conservación dos espazos naturais e a biodiversidade.