O vindeiro xoves, 23 de xaneiro, da man do alumnado do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma, realizaremos un obradoiro ambiental sobre aves e caixas niño. Unha xornada dirixida a que os máis pequenos coñezan a riqueza ornitolóxica da nosa contorna,  así como a utilidade das caixas niño como estruturas a prol da biodiversidade. 

Ao longo da mañá os explicaremos como estes elementos, correctamente elaborados, instalados e mantidos, poden axudar a suplir a escaseza de refuxios naturais, facilitar a posta en marcha de estudos científicos, ao tempo que permitir o establecemento de certas especies beneficiosas (fauna útil) nun espazo determinado, optimizando a diversidade biolóxica da contorna.

Seguro que será unha fermosa xornada chea de aves!