Este martes, 22 de outubro do 2024, organizamos unha charla na Casa da cultura de Pontedeume ca colaboración da Asociación Cultural para a Protección do Patrimonio “Ardóbriga” na cal poremos en valor tanto a parte natural como a parte cultural do Río Eume. Durante este faladoiro expoñeremos algúns dos resultados que obtivemos nos obradoiros do noso proxecto “Vixías dos nosos ríos” e aprenderemos da toponimia dun dos ríos máis importantes da provincia da Coruña.

Esta actividade é unha acción encadrada en “Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o martes, 22 de outubro do 2024, de 20:00h a 21:30h aprox.  Esta actividade é aberta ao público e non é necesario reservar plaza.