Ano e medio despóis da súa última visita, cando tivemos a sorte de presentar no local social do G.N.Hábitat o seu libro “Territorio Lobo”, Andoni Canela volve de novo a Coruña para presentar agora o seu documental “Durmiendo con lobos”. Un filme no que ao longo de 93 minutos se resume unha fermosa historia, pois “Durante cinco años, Andoni Canela y su hija Amaia comparten un mismo sueño: ver lobos en libertad. Entre montañas, noches bajo las estrellas y mucha paciencia, descubrirán que encontrar al lobo es solo el principio. Un viaje para comprender que el futuro del lobo es también el futuro de nuestros bosques y montañas. “
O documental se proxectará nos Cantones Cines da Coruña (Av. Porto da Coruña 3. 15003, A Coruña: ver localización no mapa), con dous pases dispoñibles: luns 23 e xoves 26 de novembro do 2026, ás 20h en calquera das datas. Así e todo, o pase do luns 23 terá unha compoñente moi especial, pois unha vez rematada a proxección o público asistente poderá gozar dun coloquio en vivo, no que xunto a Andoni participarán compañeiros e expertos de Grupo Lobo (Asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é garantir a conservación do lobo en Galicia, e a súa coexistencia coas actividades humanas) e do G.N.Hábitat. Un tempo para a conversa arredor do lobo, coa posibilidade de participación dos espectadores. Este coloquio non se repetirá no pase do xoves día 26.
Xa podes mercar as túas entradas na web de Cantones Cines
E ollar tamén o tráiler oficial
Sobre o autor
Andoni Canela – Fotógrafo, periodista e realizador de documentais especializado en temas de natureza e medio ambiente. Ten publicado unha docena de libros; entre eles: “Durmiendo con Lobos”, “La Llamada del Puma”, “El Águila Imperial Ibérica”, “Lynx”, “El Oso Cantábrico”, entre outro títulos. As súas reportaxes aparecen en medios como La Vanguardia, National Geographic, El País e Sunday Times. Ademáis é director tamén de “El viaje de Unai”, documental candidato aos Premios Goya (2017) ➜ andonicanela.com
Fonte: https://www.andonicanela.com/bio/
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!



Leave A Comment