Os días 17, 18, 24 e 25 de novembro do 2026, o Grupo Naturalista Hábitat organiza unha nova edición de Natureza a Trazos, unha actividade que combina a ilustración coa divulgación ambiental para achegarnos á riqueza da nosa biodiversidade dunha maneira creativa e participativa.
Esta iniciativa enmárcase no programa COAWA de EMALCSA e, nesta ocasión, terá como fío condutor o XIV Certame de Debuxo da Natureza «Vida silvestre da cunca do río Mero e o encoro de Cecebre». As 16 especies protagonistas desta convocatoria, todas elas relacionadas coa temática escollida para esta edición, «Verán no encoro», servirán de inspiración para os bosquexos e ilustracións das persoas participantes.
Ao comezo de cada xornada presentaremos as especies e as bases do certame, para dar paso a un tempo de debuxo libre acompañado de conversas ambientais e intercambio de coñecementos.
O G.N. Hábitat facilitará todo o material necesario, polo que non é preciso ter experiencia previa nin traer utensilios propios. Ademais, as ilustracións realizadas durante estas sesións poderán formar parte das obras presentadas ao certame de debuxo.
A actividade será gratuíta e aberta a todas as idades, e terá lugar ás 17:30 h no local social de G.N. Hábitat.
Unha oportunidade para descubrir, aprender e gozar da natureza a través do debuxo. Agardámoste!
Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Achégate a debuxar connosco!

Leave A Comment