Imos a participar na European Moth Night que se celebra entre o 15 ao 19 de xuño do 2023. Faremos varias mostraxes nos nosos espazos naturais para ver as diferentes especies de avelaíñas que podemos atopar e mañá, sábado 17 de xuño do 2023, intentaremos retransmitir en directo unha das nosas trampas de luz para compartir convosco as sorpresas que se acheguen a nós esa noite.

A nosa intención era compartir convosco unha xornada o domingo, pero o mal tempo non nos deixará facelo, pero non vos preocupedes, porque este verán poñeremos as trampas de luz e desfrutaremos todos e todas das nosas queridas avelaíñas.

Pronto vos diremos máis!!