Este venres celebraremos a chegada da primavera cunha andaina ambiental para descubrir as de aves urbanas no Espazo Natural de Interés Local (ENIL) Torre de Hércules. No marco do programa “Natureza kmØ”, súmamonos ao Día Mundial do Pardal, unha efeméride impulsada pola Nature Forever Society para concienciar sobre a perda de poboación de especies ligadas ao ser humano, como é o caso dos pardais común e montés. Nesta ocasión aprenderemos a identificar ben as principais especies de aves urbanas, e estaremos pendentes das curiosidades que sempre nos regala a costa da cidade da Coruña.
A actividade, de balde e aberto ao público, se levará a cabo o vindeiro venres, 20 de marzo do 2026, ás 16:30h, na contorna do ENIL Torre de Hércules. Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment