As fragas húmidas teñen unha gran importancia ecolóxica por varios factores: albergan unha gran biodiversidade, fomentan a formación de microclimas suaves e húmidos e, ademais, posúen un destacado valor etnográfico e paisaxístico.
Co obxectivo de dar a coñecer algún dos segredos que agochan, o sábado 21 de marzo, Día Internacional dos Bosques, faremos unha andaina interpretativa na que poremos en valor as fragas húmidas e o seu papel fundamental para a biodiversidade.
Durante a actividade percorreremos un pequeno tramo ao carón do río Barcés e visitaremos algúns dos muíños que estiveron funcionando durante moitos anos.
A xornada terá lugar o sábado 21 de marzo, de 10:30 h a 13:30h. O percorrido é de dificultade baixa e consta de 2.5 km.
Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa Hábitat Protexe, e o importe que se recade destinarase á nosa loita contras as agresións ambientais e a conservar os nosos espazos naturais de forma activa.
Os prezos para esta actividade son:
Socios/as G.N. Hábitat:
- Adultos (maiores de 14 anos): 8 €
- Nenos (menores de 14 anos): 5 €
Non Socios/as G.N. Hábitat:
- Adultos (maiores de 14 anos): 10 €
- Nenos (menores de 14 anos): 8 €
As prazas son limitadas. Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!
Actividade encadrada dentro do programa:


Leave A Comment