O vindeiro domingo, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Cirrio, no Grupo Naturalista Hábitat continuaremos co programa Natureza kmØ cunha nova actividade divulgativa arredor da biodiversidade urbana. Desta volta visitaremos xardíns e espazos públicos da cidade da Coruña, para desfrutar dunha actividade de iniciación á observación de aves.

Aínda que poida resultar sorprendente, moitas especies atopan nos ambientes humanizados un hábitat axeitado para vivir e reproducirse. Algunhas delas, como o cirrio euroasiático, adaptáronse perfectamente ás nosas edificacións, aproveitando ocos para instalar os seus niños. Ao longo da actividade descubriremos curiosidades desta fascinante ave, capaz de pasar case toda a vida no aire, ao tempo que coñeceremos outras especies que comparten a cidade con nós coma pegas, pardais, gaivotas e moitas outras. 

A actividade, de balde e aberta ao público, terá lugar o domingo, 7 de xuño, ás 10h, pola contorna da cidade da Coruña. Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Agardámoste!