O programa “Natureza kmØ” volverá este domingo, 26 de abril do 2026, á Torre de Hércules, para continuar poñendo en valor a diversidade biolóxica e os hábitats máis representativos deste Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Nesta ocasión iremos ben acompañados polos usuari@s e profesionais vencellados ao Centro Ocupacional Pascual Veiga, entidade sen ánimo de lucro que atende a persoas adultas con discapacidade intelectual e necesidades de apoio, a fin de acadar o seu desenvolvemento persoal, laboral e social. Un obxectivo que compartimos dende o G.N.Hábitat e que nos levou a organizar multitude de accións ambientais prestando especial atención a usuarios, achegados (respiro familiar) e organizacións que traballan con persoas con dispacidade, colectivos vulnerables ou en risco de exclusión, e pola diversidade funcional, promovendo a integración e a participación activa en materia de coñecemento, divulgación e conservación do patrimonio natural. En definitiva, avanzar na necesidade dunha #naturezainclusiva.
Será unha estupenda ocasión para a descuberta da fauna e flora deste emblemático enclave da nosa cidade.

Leave A Comment