Aproveitando a primavera, este sábado, 25 de abril do 2026, de 21:15 a 23:30 h, realizaremos unha xornada nocturna especial no marco do noso Proxecto Noucho, dirixida á observación de curuxas, avelaionas e mouchos: a Noite Noucha. O lugar escollido é a vila de Betanzos, en cuxos arredores hai varios territorios de avelaiona da fraga, curuxa común, moucho paleártico, e mesmo un macho cantor de moucho de orellas europeo!

A actividade terá unha cota de inscrición e o recadado nestas accións destinarase á Custodia do Territorio e á Defensa Ambiental a través do Proxecto Vixías. Con esta iniciativa queremos seguir loitando con máis forza para protexer os nosos espazos naturais e a biodiversidade das constantes perturbacións ás que están sometidos.

  • Socios/as G.N. Hábitat:
    • Menores de 18 anos: 5 €
    • Maiores de 18 anos: 8 €
  • Non socios/as G.N. Hábitat:
    • Menores de 18 anos: 8 €
    • Maiores de 18 anos: 15 €

Para participar é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Anímate e ven connosco!