O programa “Natureza kmØ” achégase de novo á Torre de Hércules co obxectivo de divulgar, recoñecer e respectar a diversidade biolóxica e os hábitats máis representativos deste Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Desta volta teremos unha xornada moi especial, con dúas iniciativas enlazadas:
1º. A xornada comezará cunha andaina ambiental dirixida á descuberta e á conversa sobre a fauna, a flora e a situación ambiental deste emblemático enclave.
2º. A continuación levaremos a cabo un obradoiro no que cada participante poderá elaborar súa propia chapa naturalista, empregando elementos vexetais previamente recollidos e secados, levando consigo un pequeno recordo creativo inspirado na natureza.
Como ves, será unha xornada na que combinaremos observación, aprendizaxe e creatividade para gozar e coñecer mellor o noso patrimonio natural
A xornada, de balde e aberta ao público, se levará a cabo o vindeiro domingo 19 de xullo do 2026, ás 17h, pola contorna do ENIL Torre de Hércules. Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment