Este semana Natureza kmØ” achegarase ao Castelo de San Antón (A Coruña) para celebrar unha actividade de observación de aves, aproveitando as vistas e instalacións que ofrece esta magnífica fortificación construida para a defensa da cidade, situada na coñecida como “Illa da Pena Grande”. Unha xornada para conxugar Patrimonio Natural e Arqueolóxico, grazas á colaboración do Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón, e na que aproveitaremos para coñecer e gozar da observación das aves que visitan esta contorna.

A actividade, de balde e aberta ao público, se levará a cabo o vindeiro sábado, 21 de febreiro do 2026, ás 16:30h, no propio Castelo de San Antón (P.º Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, 2. 15001 – A Coruña: ver localización no mapa). Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Agardámoste!