lembeye_correxido2

 

O Grupo Naturalista Hábitat co-organiza, xunto coa delegación ferrolá da Sociedade Galega de Historia Natural, a Asociación Irmáns Suárez Picallo e a Sociedade Galega de Ornitoloxía, unhas xornadas en homenaxe a Juan Lembeye e Lartaud (Ferrol, 1816-Culleredo, 1889), gran ornitólogo galego que desenvolveu o seu traballo en Cuba, cando aínda era colonia española.

A Juan Lembeye debémoslle o descubrimento para a ciencia de tres especies de aves (Teretistris fernandinae, Myadestes elisabeth e Vireo gundlachii), e foille dedicada outra (Polioptila lembeyei). O 22 de outubro cúmprense 200 anos do seu nacemento, e por este motivo organízanse as presentes charlas e saída interpretativa na súa honra.

As xornadas son abertas ao público e de balde, sendo precisa a inscrición previa.

Inscricións e máis información: María / Berta: 881931315 – 698141384 – ferrol@sghn.org

Agardámoste!!!

Ligazóns: