Continuamos coa IX Promoción da Escola de Naturalistas unha das nosas iniciativas de formación ambiental máis completas, na que os seus novos integrantes compartirán experiencias e aprenderán sobre as diferentes áreas que compoñen o naturalismo.

Nesta terceira xornada viaxaremos ata a Ría de Muros e Noia para visitar a Zona de Especial Conservación (ZEC) do Monte e Lagoa de Louro, desfrutaremos das súas impresionantes paixases mentras coñecemos a flora e fauna desta area de alto valor natural.

Ao longo dun día e acompañados de varios expertos naturalistas poremos en práctica conceptos teóricos e aplicacións prácticas que a través das súas experiencias persoais achegarán a cada un dos alumnos ao seu ámbito do naturalismo.

Ao longo destes meses tanto os alumnos coma os poñentes intercambiarán coñecementos, tempo e afeccións, polo que Escola de Naturalistas chega a ser todos os anos máis ca un curso de formación, máis ben unha boa razón para que un grupo de compañeiros se reúna, aprenda e goce da natureza presente na súa contorna.

Vémonos na Escola compañeiros!