A Delegación de As Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural, coa colaboración do G.N.Hábitat, organiza durante o ano 2018 un obradoiro de debuxo e pintura da natureza. O curso, que será impartido polo recoñecido ilustrador Calros Silvar, terá as seguintes particularidades:

  • Desenvolverase de marzo a novembro do 2018, coa realización dunha sesión/mes.
  • Os obradoiros se realizarán en domingo (datas a concretar), establecendo a data na primeira quincena de cada mes de xeito prioritario.
  • Está pensado para ser impartido cun enfoque práctico, e na maioría das sesións se realizarán saídas de campo (salvo imposibilidade por cuestións meteorolóxicas).
  • As prazas son limitidas. Poderán participar persoas maiores de 13 anos.
  • O material de debuxo/pintura será aportado polos participantes.
  • A inscrición mínima será de dúas sesións, beneficiándose dun desconto do 30% aqueles que realicen a matrícula por todo o curso. O prezo por sesión é de 30 €, pero no caso dos socios/as da SGHN e do Grupo Naturalista Hábitat terán descontos na inscrición (20€/sesión). O curso inclúe a cobertura do seguro.

Para realizar a inscrición será preciso enviar os datos completos ao correo electrónico: asmarinhas@sghn.org. Alternativamente se pode usar o teléfono de contacto 686143143.

Os ingresos se realizarán por conta bancaria, enviando o resgardo de pago ao email indicado (se é posible). A conta de ingreso será aportada por teléfono ou email aos interesados.

Nas seguintes ligazóns poderedes descargar o cartel e o programa do curso, con indicacións sobre os contidos, obxectivo, duración e prazas. As persoas que precisen mais información poden solicitala vía correo electrónico no email indicado asmarinhas@sghn.org

Aprende ilustrando a nosa natureza!