A través de diversas actividades trataremos de afondar, de xeito teórico-práctico, no estudo das diferentes áreas do naturalismo (botánica, zooloxía, etc.). O calendario de actividades comezará en decembro de 2013 e terá unha duración de 10 meses. Cada un deles estará dedicado a un tema, primeiro cunha charla teórica que se impartirá no noso local (rúa Camariñas nº8 baixo, na Coruña) e logo cunha saída de campo.
- Introdución ao naturalismo
- Introdución á Ornitoloxía – saída de campo
- Anelamento Científico de aves – xornada de anelamento
- Introdución ao estudo dos mamíferos – saída de campo
- Iniciación á fotografía da natureza – saída de campo
- Introdución á herpetoloxía – saída de campo
- Introdución á entomoloxía – saída de campo
- Introdución ao coñecemento dos odonatos – saída de campo
- Introdución ao coñecemento dos lepidópteros
- Actividade de fin de curso: mesa redonda con naturalistas de referencia e BIOBLITZ
As datas das actividades confirmaranse ao inicio do curso, pero as charlas serán preferiblemente os xoves ou venres a partir das 20:30 h cunha duración aproximada de 1:30 h, e as saídas de campo terán lugar en fins de semana cunha duración de 3-4 h. A duración aproximada do curso será dun mínimo de 15 h teóricas e 36 h prácticas. O temario e datas estarán suxeitas a modificacións en función da dispoñibilidade dos poñentes e das condicións meteorolóxicas.
Os gastos de desprazamento e manutención non están incluídos na cota de inscrición, e correrán a cargo dos inscritos, pero tratarase de optimizar a forma de transporte nas saídas de campo, e intentarase levalas a cabo no entorno da Coruña e da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Os participantes na Escola de Naturalistas adquirirán a condición de membros do Grupo Naturalista Hábitat durante 1 ano, tendo dereito a participar de forma gratuíta en todas as demais actividades organizadas polo grupo, así como a recibir o material editado neste período.
Unha vez rematado o curso entregarase un certificado acreditativo de participación co número de horas teórico-prácticas recibidas. Para a obtención do certificado será obrigatorio asistir a un mínimo do 80% desas horas.
Ficha de inscrición en PDF ou word
Información sobre o curso en PDF
Cartaz en PDF

Muy chulo el cartel. Enhorabuena. Aunque metería a Alfred Russell Wallace, cuyo 150 aniversario de nacimiento se cumple este año. Además, era de origen humilde, a diferencia de Darwin, y el mismo se costeó sus viajes con los animales que recolectó. Jorge