Lanzamos para este mes de xullo do 2020, o I Curso Práctico de Entomoloxía centrado nos Coleópteros da man de Jorge Ramos Abuín, Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago, relator en diferentes Xornadas e Congresos Ibéricos de Entomología, ademais do Congreso Internacional de Coleopteroloxía celebrado en Barcelona en 1989. Autor de diversos artigos entomolóxicos, da súa labor investigadora recente destaca o proxecto Transgalaica, a súa intervención no descubrimento da larva de Cychrus spinicollis e a redescrición da larva de Eucarabus deyrollei. Antigo Presidente do G.N.Hábitat e actualmente é colaborador en multitude de iniciativas da entidade.

Este curso dividirase en tres sesións: unha teórica e dúas practicas (unha online e outra presencial):

  • Xornada teórica online: Xoves, 23 de xullo, ás 20h, terá lugar a charla teórica Online co título: Un gusto desordenado: Los coleópteros“. Nesta charla darase unha introdución a estes insectos, datos interesantes da súa bioloxía e da súa ordenación taxonómica.
  • Xornada práctica online: Venres, 24 de xullo, ás 20h, terá lugar a charla Práctica Online co título: Ordenando el gusto: Aprendiendo a diferenciar los coleópteros usando claves”. Nesta sesión práctica, Jorge Ramos, propoñerá unha serie de casos prácticos para ser identificados paso a paso e, desta maneira, familiarizarse coas clases dicotómicas para a identificación de coleópteros. Para esta parte se facilitará aos participantes unhas claves para facilitar a comprensión e identificación das diferentes familias destes insectos, os máis numerosos e diversos do planeta.
  • Xornada práctica Presencial: Domingo, 26 de xullo, de 10:30h a 14:30h, realizarase unha saída no Espazo Natural de Chelo (Coirós) para poñer en práctica todos os coñecementos adquiridos nas sesións anteriores.

Este curso é de balde e dirixido a estudantes e naturalistas entusiastas. Así e todo, para a participación en calquera delas é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. Ás sesións online transmitiranse a través da sala de videoconferencias do G.N. Hábitat, cuxo acceso se enviará coa confirmación da praza.

Formulario de inscrición

 

É unha ocasión única para aprender dun gran entomólogo no eido dos coleópteros e familiarizarse coas claves dicotómicas e a súa identificación.

Anímate a descubrir o mundo dos coleópteros con nós!!