Este mércores, 26 de novembro do 2025, da man do alumnado e docentes do Centro Integrado de Formación Profesional (C.I.F.P.) Ánxel Casal-Monte Alto, levaremos a cabo unha nova actividade no marco da nosa iniciativa “Hábitat sen EEI”, continuando coas tarefas de retirada de especies invasoras da nosa contorna. Nesta ocasión visitaremos de novo o Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Torre de Hércules, sumando unha xornada máis de avance coa retirada da herba do coitelo (Carpobrotus spp.).
Grazas de novo pola vosa implicación, rapaces

Leave A Comment