O luns 11 de agosto, de 21:30 a 00:00h, convidámoste a participar nunha actividade moi especial no Monte Xalo, onde exploraremos a fauna nocturna dentro de Hábitat Protexe. Será unha saída guiada para descubrir como é a vida no monte cando cae a noite: escoitaremos os sons da natureza, aprenderemos a identificar especies nocturnas como morcegos, aves ou pequenos mamíferos, e coñeceremos os seus hábitos e adaptacións. Ademais, levantaremos a vista ao ceo para intentar gozar da chuvia de estrelas das Perseidas, un espectáculo único destas datas.

Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa Hábitat Protexe, e o importe que se recade destinarase á nosa loita contras as agresións ambientais e a conservar os nosos espazos naturais de forma activa

    • Socios/as G.N. Hábitat: De balde.
    • Non Socios/as G.N. Hábitat:
      • Adultos (maiores de 14 anos): 10 €
      • Nenos (menores de 14 anos): 8 €

As prazas son limitadas. Para poder participar, é obrigatorio realizar unha inscrición previa a través do formulario habilitado. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición ata completar o número máximo de participantes permitido. Importante: cubrir o formulario non garante a praza ata recibir confirmación expresa por parte do Grupo Naturalista Hábitat.

 

Tes ata o luns, 11 de agosto ás 14 h, para inscribirte!!!

No correo de reserva recibirás as indicacións para o pagamento, que xunto coa inscrición previa son imprescindibles para participar. As persoas inscritas estarán cubertas por un seguro de accidentes e responsabilidade civil e recibirán as recomendacións necesarias. Pídese compromiso coa asistencia e avisar se non é posible acudir para ceder a praza a outra persoa.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco a aprender sobre a fauna nocturna no Monte Xalo!