Hábitat, Senda Nova e ADEGA serán as entidades encargadas do desenvolvemento das actividades organizadas polo Concello de Carballo no marco do proxecto “Eu quero Razo – Baldaio”, proposta coa que se pretende crear hábitos de turismo consciente na contorna litoral, fomentar a participación cidadá e acadar a valorización deste espazo natural protexido.

Co obxectivo de que canto mais se coñeza mais se respecte, Concello e asociacións levarán a cabo una serie de xornadas divulgativas e de voluntariado ambiental nos meses de xullo, agosto e setembro do 2019. Un trimestre cheo de iniciativas nun fermoso marco natural.

Todas as accións son abertas ao público e de balde, así e todo as prazas en cada unha das xornadas estará limitada, sendo imprescindible a inscrición previa a través dos formularios online habilitados para cada unha delas. Toda a información detallada do proxecto “Eu quero Razo – Baldaio” (programa de actividades, axenda, horarios, datas e formularios de inscrición) está dispoñible na web habilitada polo Concello de Carballo…Non deixes de visitala!

Acceso á web “Eu quero Razo – Baldaio”

 

Dende o G.N.Hábitat, ligados a Baldaio dende fai anos, levaremos a cabo un total de 9 actividades no marco deste proxecto, coas que forneceremos o coñecemento sobre a diversidade de flora e fauna deste espazo:

Xullo

  • Día 6: Píllara das Dunas, a Xoia de Baldaio
  • Día 10: Obradoiro de Biodiversidade
  • Días 24 e 31: Flora e Fauna nas Contornas Dunares

Agosto

  • Día 10: A Noite das Avelaiñas
  • Día 14: Píllara das Dunas, a Xoia de Baldaio
  • Día 28: Iniciación á Ornitoloxía

Setembro

  • Día 4: Obradoiro de Biodiversidade
  • Día 25: Iniciación á Ornitoloxía

Visita a web do proxecto, anótate nas actividades que desexes e…vémonos no campo

Enche o teu verán de natureza!