Que teñen en común un moucho, unha troita, unha lebre ou un merlo? Ademais de formar parte da fauna galega, todos eles atoparon o seu lugar nas coplas e cancións da nosa tradición popular.
Este sábado, 28 de novembro do 2026, faremos un novo Hábitat Protexe en forma de obradoiro de pandeireta, no que a música tradicional galega e a divulgación da fauna serán as protagonistas.
A través das cantigas, descubriremos algunhas das especies presentes no noso cancioneiro, coñeceremos as súas características e curiosidades e exploraremos como a fauna da nosa contorna deixou a súa pegada na cultura e na transmisión oral.
Practicararemos ritmos e acompañamentos de pandeireta e aprenderemos cancións tradicionais con melodías sinxelas, pensadas para que calquera persoa poida participar, mesmo sen experiencia previa.
Unha proposta para desfrutar da música, recuperar parte do noso patrimonio inmaterial e descubrir que a natureza tamén se pode coñecer e celebrar cantando.
Non é necesario ter experiencia musical nin coñecementos previos de pandeireta.
A xornada, aberta ao público, terá lugar o sábado, 28 de novembro do 2026, ás 17 h no local social do G.N. Hábitat. Debido á complexidade da técnica de costura que aprenderemos, o obradoiro está especialmente dirixido a maiores de 12 anos. Os máis cativos que desexen acudir serán tamén benvidos, mais é probable que precisen da axuda para poder elaborar o caderno.
A actividade terá unha cota de inscrición e o recadado nestas accións destinarase á Custodia do Territorio e á Defensa Ambiental a través do Proxecto Vixías. Con esta iniciativa queremos seguir loitando con máis forza para protexer os nosos espazos naturais e a biodiversidade das constantes perturbacións ás que se ven sometidos.
- Socios/as do G.N. Hábitat:
- Menores de 18 anos: 5 €
- Maiores de 18 anos: 8 €
- Non socios/as do G.N. Hábitat:
- Menores de 18 anos: 8 €
- Maiores de 18 anos: 10 €
Para participar é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment