De novo gran participación nesta edición, nenos e maiores de todas a idades achegáronse un ano máis á natureza a través do debuxo, mostrando as súas capacidades artísticas logo de participar no XI Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”.
Esta nova convocatoria foi denominada co título “Outono no encoro” preténdese dar a coñecer as especies que podemos ver nas diferentes estacións do ano, comenzando polo outono, sendo esta estación unha época de transición entre o verán e o inverno, na que a flora e a fauna comeza a prepararse para os meses máis fríos do ano. Descubriremos as especies que aproveitan esta época para visitar o encoro ou aquelas que volver a deleitarnos coa súa presenza nos meses que as nubes volven a traer auga ao encoro tras a calor do verán.
Este ano achegáronse un total de 161 ilustracións, dun total de 107 participantes, unha gran acollida, ao igual que nas edicións anteriores!
O reparto por categorías foi o seguinte:
- 1ª Categoría (menores de 14 anos): 96 ilustracións, dun total de 62 participantes.
- 2ª Categoría (maiores de 14 anos): 60 ilustracdións, dun total de 45 participantes.
- Fora de concurso: 5 ilustracións que non cumpren a normativa do certame.
Moitas grazas a todos pola vosa participación!
Continuamos agora co proceso. Nos vindeiros días o xurado fará a selección das obras gañadoras, que serán publicadas na nosa web gnhabitat.org segundo o especificado no apartado 9 das bases reguladoras…Estade atentos!
Promove: Colabora:



Leave A Comment