De novo gran participación nesta edición, nenos e maiores de todas a idades achegáronse un ano máis á natureza a través do debuxo, mostrando as súas capacidades artísticas logo de participar no IX Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”.

Esta nova convocatoria foi denominada co título A vida a rentes do Chan preténdese poñer en valor as especies ligadas ao chan e o mesmo solo. Gracias a él podemos vivir hoxe en día na superficie do planeta e da sustento as plantas que atraen a multitude de especies de vertebrados e invertebrados. O solo determina as comunidades vexetais que nel se van a establecer e con elas todas as especies animais. Por iso queremos neste certamen, darlle valor ao chan, pola súa gran importancia no ecosistema.

Este ano achegáronse un total de 351 ilustracións, dun total de 283 participantes, incrementando un ano máis a participación  das edicións anteriores!

O reparto por categorías foi o seguinte:

  • 1ª Categoría (menores de 14 anos): 220 ilustracións, dun total de 201 participantes.
  • 2ª Categoría (maiores de 14 anos): 121 ilustracdións, dun total de 82 participantes.
  • Fora de concurso: 10 ilustracións que non cumpren a normativa do certame.

Moitas grazas a todos pola vosa participación!

Continuamos agora co proceso. Nos vindeiros días o xurado fará a selección das obras gañadoras, que serán publicadas na nosa web gnhabitat.org segundo o especificado no apartado 9 das bases reguladoras…Estade atentos!


Promove:                                          Colabora: