Velaquí tedes aos gañadores do III Certame de Debuxo da Natureza…NORABOA A TODOS!

2ª CATEGORÍA (14 anos ou máis)

Os tres primeiros postos no certame recaeron sobre:

Seguindo o especificado nas bases reguladoras, e tendo en conta a novidade recollida este ano pola cal un mesmo autor soamente pode ser galardoado cun premio nalgunha das súas obras, a selección foi especialmente difícil nesta categoría.
Na seguinte figura móstranse as 9 obras que acompañarán aos tres primeiros premios para ilustrar o calendario 2016. De entre elas, considéranse “gañadores na súa especie” aos autores das ilustracións que representan a Deilephila elpenor, Ephippiger ephippiger, Cerambyx scopoli, Genetta genetta, Pipistrellus pipistrellus, Strix aluco e Arion lusitanicus. Aquelas que representan a Lampyris noctiluca e Rana temporaria non teñen consideración de “gañadores na súa especie”, por pertencer a autores xa galardoados nos primeiros postos, pasando estes dous premios a quedar desertos pese a figurar as obras no calendario.

Así mesmo, o xurado decidiu tamén deixar desertos os premios nas seguintes especies: Melolontha melolontha, Pholcus phalangioides, Scolopax rusticola e Lissotriton helveticus.

1ª CATEGORÍA (menores de 14 anos)

Velaquí as 12 obras que ilustrarán o calendario 2016, tendo todos os seus autores a consideración de “gañadores na súa especie

Así mesmo, e a pesar de ser excluídas polo xurado da súa aparición no calendario, tamén son “gañadores na súa especie” as obras dos seguintes artistas:

Sergio Pereira Veiga, pola obra titulada “Escarabajo come gusanos” (Melolontha melolontha)
Raúl Regueiro Seoane, pola obra titulada “Por moscas” (Pholcus phalangioides)
Fiz Moras López, pola obra titulada “Recorrido diurno” (Lissotriton helveticus)
Iván Sande Sánchez, pola obra titulada “Rompendo o cascarón” (Scolopax rusticola)

MOITAS GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!!

Estade agora atentos ás novidades que vaiamos publicando no noso blog respecto das datas definitivas da exposición pública das obras e do acto de entrega de premios.