O vindeiro venres, 15 de maio, a partires das 19:30h, celebraremos na libraría Biblos de Betanzos un faladoiro sobre o patrimonio natural e cultural das marxes dos ríos Mandeo e Mendo, que rodean a vila de Betanzos. A fauna, a flora, os usos tradicionais, a navegación e as edificacións históricas destes arrabaldes da cidade dos cabaleiros serán as protagonistas deste coloquio no que participarán Manuel Lendoiro (Asociación Amigos dos Ríos de Betanzos (Arbe Betanzos), Ángel Arcay (Director da Biblioteca, Arquivo e Museo do Concello de Betanzos) e Cosme Damián Romay (biólogo e membro do Grupo Naturalista Hábitat).
Aínda que a actividade de balde e aberta ao público, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment