Nos encontros naturalistas de maio contamos con Xosé Pardavila e Martín Pérez, biólogos e membros do Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes (G.E.A.S.).
Faláronnos de tres proxectos impulsados por esta asociación que están actualmente en marcha, e abertos á participación cidadá:
Rede Ibérica de Seguimento de Fauna Atropelada (RISFA)
Atlas dos Mamíferos de Galicia
Rede Galega de Seguimento Ambiental (REGAM)
Tivo lugar o venres 8 de maio ás 20 h no local do G. N. Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo – A Coruña).
Podes ver os vídeos das charlas na nosa Canle de Youtube.

Leave A Comment