O vindeiro luns queremos celebrar contigo o Día do Naturalismo Galego cunha nova cita “Falando de natureza”. Dun xeito distendido e colaborativo cos asistentes á xornada, abordaremos diferentes cuestións ambientais de interese, cun repaso ao pasado, presente e futuro da natureza e o naturalismo da nosa contorna. Un tempo para a conversa, compartindo impresións sobre aspectos tan importantes como o estado de conservación das especies silvestres e dos hábitats de interese. Recolleremos as inquedanzas da cidadanía en todo o relacionado co Patrimonio Natural. Falaremos de espazos verdes, de biodiversidade, de conectividade ecolóxica, de problemáticas ambientais e, en definitiva, dunha Galicia futura que deberá ser quen de compatibilizar o seu desenvolvemento coa preservación dos seus valores naturais.
E que mellor marco para esta conversa que facelo a ollos de Martín Sarmiento ou Padre Sarmiento (Pedro José García Balboa). Unha figura que destacou tanto pola súa actitude persoal cara o estudo da natureza, coma pola súa defensa no século XVIII da necesidade do estudo da Historia Natural, sendo promotor do Real Xardín Botánico e do Museo Nacional de Ciencias Naturais, incitador dos estudos de Xeografía e divulgador da Botánica e da Zooloxía por medio de numerosas monografías e artigos. Todo o que nos acomoda, sen dúbida, diante dun devanceiro do naturalismo ao que lle senta ben o título de Primeiro Naturalista de Galicia (e de España), e fornece de argumentos para que a data do seu natalicio -9 de marzo do 1695- os naturalistas podamos considerala con toda tranquilidade e xustiza coma o Dia do Naturalismo Galego, pois dalgún modo ao nacer Perucho, nacimos todos.
A actividade, de balde e aberta ao público, se levará a cabo o vindeiro luns, 9 de marzo do do 2026, ás 20:30h, no local social do G.N.Hábitat (ver localización no mapa), sendo tamén retransmitida de xeito online. A participación online non require inscrición previa, sendo posible conectarse libremente a través dos directos nas nosas redes sociais. Para a participación presencial si é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
A participación na tertulia estará principalmente dirixida ás persoas que acudan de xeito presencial ao local. Así todo, a organización, na medida das posibilidades, procurará atender igualmente ás consultas que fosen recibidas a través dos chats das redes sociais.
As prazas no local son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Podes seguir o directo na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment