Celebramos o Día do Naturalismo Galego cun roteiro aberto e dobremente interpretativo (cultural e ecolóxico) polo curso baixo do río Lérez no concello de Pontevedra. Terá lugar na véspera desde Día, isto é, o vindeiro domingo, 8 de marzo, entre as 09:30h e as 13:30h, e partirá desde o miradoiro de Monteporreiro percorrendo arredor de 8 quilómetros esencialmente pola beira do río Lérez. Pasarase a carón da casa onde viviu Frei Martín Sarmiento, pai do naturalismo galego, e tamén pola zona da Rede Natura 2000 afectada polo trazado da futurible autovía A-57.
Será de balde e apto para todos os públicos, pero, así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Celebra connosco o Día do Naturalismo Galego!!!

Leave A Comment