Os días 30 de setembro e 1 de outubro do 2023 celebrase o Día das Aves 2023. Ao igual que o ano pasado faremos actividades os dous días para que tod@s poidamos desfrutar e aprender das aves e divulgar a súa importancia nos nosos ecosistemas e na nosa contorna.

O sábado, 30 de setembro do 2023, acompañaremos ao Grupo de anelamento Hércules de 09h a 12:30h nunha xornada de ANELAMENTO CIENTÍFICO DE AVES no Estuario do Anllóns, en Ponteceso. Unha oportunidade única para poder ver de preto o impagable traballo que levan a cabo os nosos grupos de anelamento para aumentar o coñecemento sobre as aves que nos rodean.

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación (10 prazas).

Anelamento científico de aves Soci@s Non soci@s
Adultos (maiores de 14 anos) 10 € 15 €
Nenos (menores de 14 anos) 5 € 8 €


Ao longo da fin de semana realizaremos tamén varias xornadas de OBSERVACIÓN E INICIACIÓN ÁS AVES en diferentes localizacións:

O sábado, 30 de setembro do 2023, de 10:30h a 13:30h

  • A Coruña.

O domingo, 1 de outubro do 2023, de 10:30h a 13:30h

  • Complexo dunar Razo – Baldaio.
  • Encoro de Abegondo-Cecebre.
  • Ría de Betanzos – Pazo de Mariñan.
  • Lagoa de Alcaián.
  • Malpica.

Puntos de observación de aves Soci@s Non soci@s
Adultos (maiores de 14 anos) 5 € 8 €
Nenos (menores de 14 anos) 3 € 5 €

Estas actividades serán guiadas por ornitólogos/as voluntarios/as do G.N. Hábitat.

Para poder asistir a estas actividades tes que inscribirte neste formulario:

Tes ata o xoves, 28 de setembro, para inscribirte!!!

No correo de reserva de praza recibirás as instrucións para realizar o abono.

O importe destas actividades van dirixidas á nosa inciativa VIXÍAS, que pouco a pouco vai comezando a loitar contras as agresións ambientais, ampliando o número de vixías e a conservar algún espazo natural de forma activa. Moitas gracias por colaborar con este proxecto e animámoste a que sexas un novo vixía e reportes problemas ambientais de onde vivas para seguir traballando pola conservación dos nosos espazos naturais.

É importante que recordes que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido. 

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!