O parque Rosalía Mera, situado na parroquia de Dorneda (Oleiros), áchase como un espazo verde de uso público creado cun claro enfoque sostible, participativo e inclusivo, posible grazas ao traballo colaborativo dun equipo multidisciplinar de expertos en xardinaría, paisaxismo e construción, composto por persoal de Trébore xardinería, Orza Paisaxismo e J.Esmoris e Hijos, S.L., ao que o G.N.Hábitat tivo a sorte de poder sumarse activamente en todas as fases de desenvolvemento. Un proxecto no que primaron valores que garanten a atención á perspectiva social (calidade de vida, espazos flexibles, integración no tecido urbano), ambiental (biodiversidade, conectividade ecolóxica e microhábitats) e de xestión (respecto dos elementos patrimoniais e procura dun mantenmento sostible), sen esquecer colaboracións puntuais con talento local da man de artesáns e artistas galegas, entre outras.
E para coñecer o proxecto en detalle, aproveitando tamén para levar a cabo as necesarias tarefas de revisión e limpeza da rede de caixas niño que acubilla o parque, queremos compartir unha actividade de campo, de participación exclusiva para os nosos socios e socias. A xornada, de balde, terá lugar o domingo, 18 de xaneiro, ás 16h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment