Achégase unha xornada moi especial da nosa iniciativa “Natureza kmØ”. Con motivo da celebración dos “15 días de mariposas” promovidos pola Sociedad para la Conservación y el Estudio de las Mariposas en España (SOCEME) e a Asociación Mundo Artrópodo, dende Hábitat sumámonos abrindo á participación cidadá unha xornada divulgativa dirixida a descubrir e coñecer as bolboretas. Unha tarefa na que levamos inmersos dende o pasado ano 2023, cando comezamos co noso compromiso de realizar o seguimento destes benqueridos insectos no espazo natural protexido da Torre de Hércules, seguindo a metodoloxía estandarizada do Butterfly Monitoring Scheme (BMS, ou “Programa de Seguimento de Bolboretas” na súa traducción ao galego), coordinado en España pola SOCEME, recollendo sistematicamente datos de campo para a mellor conservación destes insectos, dos ecosistemas dos que dependen, e do conxunto de polinizadores.
A actividade, de balde e aberta ao público, se levará a cabo o vindeiro xoves, 16 de abril do 2026, ás 13h, pola contorna do ENIL Torre de Hércules. Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
E se o teu interese nas bolboretas vai máis alá, podes animarte e participar activamente no BMS. Como iniciativa de Ciencia Cidadá, os voluntarios interesados en iniciar un transecto son máis que benvidos! Se queres máis información, preme na seguinte ligazón
Agardámoste!

Leave A Comment