Este luns, 6 de xullo do 2020, celebrase o décimo aniversario da Fundación Fragas do Mandeo. Que unha entidade de custodia do territorio cumpra anos indicanos que se seguen sumando anos e metros cadrados á conservación dos nosos espazos, protexendo especies sensibles e evitando que estas se perdan na memoria ou nos antigos inventarios de flora e fauna galegas. 

Dende o G.N.Hábitat damos as grazas polo traballo que fixo nestes 10 anos F. Fragas do Mandeo e segue facendo, os seus voluntarios e todas as persoas que permiten que a custodia dos espazos naturais se leve a cabo. Nós queremos contribuir a que esta función siga activa, brindamos as nosas canles de difusión (Facebook e Youtube) para a celebración deste día tan especial, este luns, 6 de xullo, ás 20:30. Tamén activamos de novo o Faiado de Hábitat Protexe para que todos poidades contribuir dunha maneira diferente a conservación do Patrimonio Natural galego, pois todo o recadado por adquirir os obxectos ou experiencias naturalistas do Faiado van destinados INTEGRAMENTE para a entidade de custodia do territorio que escollas, neste caso F.Fragas do Mandeo. 

No seguinte enlace tedes dispoñibles os materiais e experiencias propostas por diferentes persoas que ofrecen o seu tempo e posesións para que vós podades donar ás entidades de custodia e así entre tod@s contribuír a este obxectivo común.

O faiado de Hábitat Protexe

 

A emisión desta conferencia será en directo. Se estás interesado en participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles Facebook ou YouTube, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas, léndoas en directo ao relator.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

Directo na nosa páxina de Facebook

 

 

Agardámoste!