Dentro do noso proxecto Vixías dos nosos ríos organizamos unha nova charla divulgativa sobre os ecosistemas fluviais, desta vez ímonos centrar nun grupo de enorme importancia nos nosos ríos: os peixes. Para aprender sobre estos animais temos a sorte de contar cun experto na materia: Alberto Maceda Veiga, profesor na Universidade de Barcelona (UB) e investigador no Institut de Recerca de la Biodiversitat (IRBio).
A ictiofauna nos ríos atópase enormemente ameazada por moitos dos impactos que puidemos detectar e analizar ao longo das nosas actividades. Dende o deterioro e mal estado dos bosques de ribeira; pasando polos verquidos que afectan non solo aos propios peixes, se non que diminúen a cantidade de macroinvertebrados dispoñible para que se alimenten; ata o impacto das grandes presas presentes en moitos ríos e que presentan barreiras insalvables.
Esta charla supón unha oportunidade única para coñecer a importancia ecolóxica dun grupo difícilmente muestreable dende o noso proxecto, pero que non podemos esquecer para ter unha imaxe global dos ecosistemas fluviais.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o sábado, 26 de outubro do 2024, ás 20:00. Esta actividade será emitida online, polo que non é necesario inscribirse. Poderás conectar libremente ao directo a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito. Rematado o faladoiro daremos paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen recibidas.
Podes seguir o directo na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Este obradoiro encádrase no programa de actividades de “Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.
Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org│639 13 16 88
Agardámoste!

Leave A Comment